FECHA

Exposición : “A ILLA DA MEMORIA. A REPRESIÓN NO CÁRCERE DA ILLA DE SAN SIMÓN. 1936-1943”, del día 3 al día 17 de septiembre.
Presentación del libro “EPISODIOS DE TERROR DURANTE A GUERRA CIVIL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. A ILLA DE SAN SIMÓN”,de Gonzalo Amoedo López y Roberto Gil Moure, que realizarán los propios autores.

La exposición, patrocinada por la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia con ocasión del “Ano da Memoria 2006”, ha sido realizada bajo la coordinación del reconocido investigador y cineasta Antón Caeiro. En Ourense, una y otra actividad son promovidas por la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH).

Más sobre San Simón.

San Simón como símbolo da represión

Durante os primeiros meses da Guerra os edificios de San Simón foron acondicionados para funcionar baixo o eufemismo de colonia penitenciaria, aínda que na realidade era un campo de concentración para os prisioneiros de guerra, esta foi a función que desempeñou a partir de outubro de 1936 e ata o ano 1943, albergando fundamentalmente presos das zonas próximas –Vigo, Pontevedra, Arousa– pero tamén un importante continxente de presos vascos e doutras zonas do Estado.

Durante esta etapa realizáronse poucas obras no conxunto, so a construcción de pequenas torres de vixilancia e reforzos dos cerramentos e accesos do recinto. A illa de San Simón quedou destinada a albergar os reclusos, así como os servizos administrativos e de intendencia, mentres que o antigo lazareto sucio de San Antonio pasou a albergar o destacamento militar encargado de custodiar o recinto.

Durante esta etapa a illa de San Simón estivo destinada a albergar os presos, distribuídos en diversos pavillóns que se reformaron a tal efecto e as oficinas de dirección e administración, destinándose a illa de San Antonio a servir de acuartelamento dos soldados encargados de custodiar o penal. Durante a Guerra, as condicións de vida dos presos foron especialmente duras debido á masificación, á aparición dalgúns problemas sanitarios e ao tenso clima provocado pola contenda.

Tras o peche da colonia penitenciaria as illas volven sufrir un breve período de abandono até que en 1948 se recuperan como lugar de veraneo para os membros da Garda de Franco, co nome de Colonia de Educación e Descanso. O 22 de agosto de 1950 un grupo de membros da Garda que pasaba as súas vacacións na Colonia dirixíase a terra na embarcación Monchita cando, por motivos que se descoñecen, a embarcación envorcou, provocando a morte de corenta e tres dos seus pasaxeiros. Este terrible suceso precipitou a clausura da colonia e un novo abandono das illas que xa só serían reutilizadas para a creación do Fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros, proxecto de vida efémera que funcionou entre 1955 e 1963.

Coa inauguración do cruceiro no illote de das Cobreiras, ao sur do arquipélago, durante un acto de homenaxe aos afogados no naufraxio do Monchita celebrado en 1958 instálase o último dos elementos monumentais destacados de San Simón antes do seu abandono definitivo.

A partir da década dos sesenta do pasado século comezan a xurdir proxectos para a súa reutilización entre os que se barallan propostas do máis diverso : creación dun porto deportivo, dun parador de turismo ou dun centro de desintoxicación para drogodependentes, entre outros.

Finalmente, a mediados da década dos oitenta, os arquitectos José Bar Boó e César Portela conciben un primeiro proxecto de rehabilitación integral das illas que finalmente non chegará a realizarse.

En 1991 a ponte que une as illas de San Simón e San Antonio é incluída no catálogo monumental da provincia de Pontevedra e en 1999 as illas son declaradas Ben de Interese Cultural coa categoría de sitio histórico.

A partir de 1998, e segundo un novo proxecto de César Portela, inícianse as obras para a rehabilitación e posta en valor integral do conxunto. Ao longo de varias fases os traballos teñen dado lugar a unha reordenación de espazos nos que, sen renunciar ao respecto pola herdanza histórica e baseándose no diálogo coa arquitectura precedente, dotouse ás illas dun novo carácter que pretende recuperalas para usos culturais, poñendo fin a décadas de abandono dun dos conxuntos históricos máis singulares de Galicia.

Desde agora, San Simón está sendo usado como o símbolo do proxecto do Ano da Memoria, da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.


http://213.60.252.101/sansimon/ga/web/info.php ?idc=2

ÚLTIMAS

PUBLICACIONES

DE

MEMORIA
libertaria

Scroll al inicio